Ngā Akoranga Wātea

A formación traballa as competencias necesarias para mellorar a comunicación con nenos, nenas e adolescentes, promovendo a escoita activa, a empatía e o acompañamento positivo. Fomenta vínculos respectuosos e habilidades para a supervisión e o apoio educativo.

Este curso aborda os aspectos básicos da alimentación e os coidados necesarios para garantir unha vida saudable na infancia. A través de contidos prácticos, explícase como promover hábitos equilibrados, identificar carencias nutricionais e fomentar o benestar físico e emocional das crianzas mediante unha educación alimentaria consciente e responsable.

Este curso ofrece ferramentas prácticas para comprender e xestionar os conflitos familiares desde a empatía, a comunicación e o respecto. A través da intelixencia emocional, apréndese a recoñecer emocións, mellorar o diálogo e atopar solucións construtivas que favorezan a convivencia e o benestar de todas as persoas no fogar.

Este curso ofrece un achegamento práctico e sensibilizador á saúde mental na adolescencia. Abórdase como identificar sinais de malestar emocional, promover o benestar psicolóxico e fortalecer os vínculos afectivos e sociais. A través de reflexións e actividades, foméntase a empatía, a escoita activa e o acompañamento respectuoso das persoas adolescentes no seu proceso de crecemento.

Este curso achega os principios do método Montessori aplicados ao xogo e á educación infantil. A través de propostas prácticas, explórase como crear espazos e actividades que favorezan a autonomía, a curiosidade e o desenvolvemento integral das crianzas, respectando os seus ritmos e potenciando a aprendizaxe a través da experimentación

Este curso aborda a educación, a saúde e as emocións como eixos fundamentais para o desenvolvemento infantil e adolescente desde unha perspectiva de igualdade e coidado. Promóvese o empoderamento persoal e colectivo, ofrecendo ferramentas para acompañar ás novas xeracións na construción dunha vida máis libre, respectuosa e saudable.

Este curso ofrece unha guía práctica sobre os principais recursos dispoñibles para mulleres en distintos ámbitos: igualdade, emprego, formación, saúde, conciliación, protección fronte á violencia de xénero e participación social. O obxectivo é coñecer onde acudir, que dereitos temos e como acceder aos servizos que poden axudarche ou permitirche axudar a outras mulleres.

Este curso ofrece un espacio de reflexión y aprendizaje sobre la importancia de compartir de forma equitativa las responsabilidades de los cuidados, el hogar y la educación. A través de contenidos teóricos y prácticos, se abordan los principios de la corresponsabilidad y la coeducación como pilares fundamentales para construir una sociedad más justa e igualitaria.